3º PREMIO Poesía en galego, calquera variante, e portugués:



POEMA GANADOR DEL TERCER PREMIO



La imagen puede contener: 1 persona, sentado



3º PREMIO: POEMA PREMIADO (Adolfina Mesa) E PREMIO.

NON É SUFICIENTE.


Sinto que non é suficiente....
Que aínda hai mais por descubrir,
Os labirintos confúndenme
Os túneles sen saída acurrálanme.
Sinto que non é suficiente....
Abrirei as portas que ninguén atopou,
Beberei do oasis que ninguén viu
Sucarei o deserto que ninguén cruzou.
Sinto que non é suficiente....
Arroupareime nas sabanas dunha canción,
Esgotarei a tinta da ilusión,
Extinguirei medos con sabor a pudor....
Desgastarei hálitos enclaustrados en ardor.
Sinto que non é suficiente....
Que a chama se extingue sen razón,
A enerxía fermenta cal veu en calor
E o pensamento rompe límites
Lévame a divagar que o lume non queima,
Arde e funde todo....sinto que non é suficiente.
Non hai conto de fadas
Non hai pudor
A calor non se esgota
Fúndense fíos conectados á cor.
Sinto, que todo xira
E todo me leva ao eixo....
Agrúpanse as notas na melodía,
rompen as paredes, non hai límites
Non me esperes, non me indagues
Descobre a area que oculta o meu oasis.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...