IV RECITAL POÉTICO SOLIDARIO INTERNACIONAL na Casa da Cultura de Vilalba



Baixo o lema “Verso, ¿que traes? Esperanza”, o vindeiro venres, 22 de decembro a partir das 20 horas na Casa daCultura de Vilalba celebrarase o IV RECITAL POÉTICO SOLIDARIO INTERNACIONAL. Organizado polo portal dixital Culturalia GZ e en colaboración con Cruz Vermella Vilalba e o Concello de Vilalba, tentarase recadar a maior cantidade de fondos para a Campaña de Xoguetes, “Os seu dereitos en xogo”, que anualmente leva a cabo a mencionada Cruz Vermella.
As entradas están a disposición das persoas interesadas na Casa da Cultura. O prezo das mesmas será de 5€, agás para @s nen@s até unha idade de 12 anos, cuxa entrada será de balde.
A listaxe de poetas participantes acadará practicamente a vintena, con nomes coma Marica Campo, Xosé Otero Canto, Toño Núñez, Antón de Guizán, Fátima Fenández, María Xosé Lamas, Beatriz Dourado, Lois Pérez, Pilar Maseda, Daniel Irimia, Xesús Bermúdez Tellado, José Carlos Ulloa García, Adolfina Mesa, Paco Ledo, Ana Vila Portomeñe, Montse González Álvarez… Ademais haberá uns intermezzos musicais a cargo de Néstor González que nos interpretará unha serie de pezas ao piano eléctrico.
Tamén se solicitou aos poetas que van recitar a cesión dun libro propio ou doutra autoría como agasallo para as persoas que resulten gañadoras no sorteo final que se fará entre todas as entradas mercadas polos asistentes.

*Autoría da fotografía: Cruz Vermella

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...